O Concello de Boborás convida a todos os veciños e veciñas a participar nun Obradoiro de Cociña para Nadal, que se celebrará o18 de decembro ás 16:00 horas no local social da Almuzara .
Este taller será unha excelente oportunidade para aprender receitas do Nadal e compartir momentos con outra xente.
Prazas limitadas:
Para participar, será necesario inscribirse previamente no Concello de Boborás ou no teléfono 988402008
Non te quedes sen a túa praza! Esperámosche para gozar xuntos disto.