A CEO entrega os premios a excelencia empresarial
- Comercio, sostenibilidad, exportación, empresa familiar, innovación y responsabilidad social foron as categorías premiadas
- Marisol Nóvoa: ‘Traballamos xuntos por e para o éxito de todo o colectivo e tamén da nosa provincia’
- Ao redor de 250 representantes do colectivo empresarial e das administracións déronse cita na entrega de galardóns
Ourense, 11 de diciembre del 2024 || A Carballeira de Santa Cruz foi escenario un ano máis da entrega de premios ás empresas ourensás organizada pola CEO. Más de 200 persoas reuníronse nun recoñecemento ás seis pemes ourensás recoñecidas nesta edición, nas categorías de innovación, sustentabilidade, comercio, empresa familiar, exportación e responsabilidade social.
Unha numerosa representación do tecido empresarial da provincia e galego, así como de distintas entidades, organismos e administracións, deuse cita neste recoñecemento que a presidenta da entidade anfitrioa, Marisol Nóvoa, aproveitou para resaltar a cada vez máis necesaria unión empresarial e colaboración público-privada. Nóvoa destacou na súa intervención de benvida a importancia da resiliencia como piar do éxito empresarial afirmando que ‘hoxe celebramos os logros individuais das nosas empresas, pero tamén o poder da colaboración, que é o que nos permite transformar os desafíos en oportunidades’. Así mesmo, subliñou a fortaleza do tecido empresarial ourensán afirmando que ‘a nosa diversidade é nosa maior fortaleza; xuntos temos máis capacidade de acción e máis garantías de superar os retos que enfrontamos’.
O presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou na súa quenda que ‘sempre é especial enxalzar a audacia, a valentía, ou talento, a innovación, a sostibilidade, a responsabilidade social e a calidade. Todas elas, condicións sine qua non do noso tecido empresarial nesta provincia’.
A Cooperativa Santa Mariña de Loureiro SCG, situada no Irixo, recibiu o premio á responsabilidade social empresarial, polo compromiso constante cos seus socios, as súas familias, e a comunidade na que está situada.
Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, pechou a entrega de premios coa súa intervención, felicitando ás empresas premiadas: ‘Estou aquí para celebrar a excelencia empresarial de toda Galicia e hoxe de Ourense en particular, así como para encomiar ou esforzo, dedicación e visión de todos vos que traballades a diario por prosperar, porque co voso traballo prospera cada un de vós e prospera toda Galicia”.

Responsabilidade Social Empresarial – Cooperativa Santa Mariña de Loureiro SCG
Situada no Irixo, este recoñecemento é á súa responsabilidade excepcional co desenvolvemento humano sostible. Desde a súa fundación en 1966, esta cooperativa demostrou un compromiso constante cos seus socios, as súas familias e a comunidade onde está emprazada, contribuíndo significativamente ao fortalecemento do capital social e á mellora da calidade de vida na súa contorna.
A Cooperativa Santa Mariña comezou a súa actividade eliminando intermediarios na venda de gando, maximizando os beneficios dos agricultores locais. Con visión estratéxica, evolucionou cara á produción leiteira, incorporando unha fábrica de pensos que consolidou a súa proposta de valor no sector agrogandeiro galego.
Hoxe, a cooperativa non só conserva as súas raíces rurais, senón que tamén lidera cunha clara visión de futuro. Avalada polo selo Empresa Responsabilízache da Xunta de Galicia 2024, Santa Mariña posiciónase como pioneira nun novo modelo de peme e microempresa sostible, responsable e comprometida cos valores ASG (ambientais, sociais e de bo goberno). Este distintivo reflicte a súa capacidade para adaptarse ás normativas máis esixentes, á vez que impulsa o desenvolvemento económico local.
O seu liderado destácase especialmente no ámbito social, representando a S dos valores ASG, xa que defenden os dereitos humanos, a igualdade, a inclusión e fomentan relacións sólidas coa sociedade e as comunidades locais. Este compromiso continuo coa diversidade e as normas laborais subliña a súa determinación por mellorar a calidade de vida das persoas e preservar a riqueza da contorna rural do Irixo.
Ademais, a cooperativa foi un dos casos de éxito da iniciativa Conecta Ourense da CEO, impulsada pola CEO e a Xunta de Galicia, a través do Igape no marco do programa de Pegada de Carbono, unha iniciativa que reforza o seu liderado en sustentabilidade e compromiso co medio ambiente.