A recadación solidaria do Salón do Automóbil foi de 4.680 euros

---------------------------------------------------------------------------------------------------------
  • Ramón Seijas, presidente de Acauto, e Ángel Mirón, delegado episcopal de Cáritas protagonizaron a entrega deste cheque solidario
  • Cáritas destinará a cantidade a comedores sociais durante estas datas do Nadal

_ Un ano máis, a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, -Acauto- fixo entrega da recadación solidaria que os concesionarios realizan polas vendas nas dúas edicións do Salón do Automóbil deste ano, achegando 15 euros por cada coche vendido nestes certames.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nesta ocasión foron 4.680 euros os doados por esta entidade empresarial a Cáritas, que empregará este diñeiro nos comedores sociais nestas datas tan especiais, segundo afirmou o delegado episcopal Ángel Mirón.

Desde 2016, ano en que a asociación decide iniciar esta recadación solidaria, foron xa 43.315 os euros destinados a obras sociais de maneira continuada, unha acción que, en palabras de Ramón Seijas, presidente de Acauto ‘estamos realmente satisfeitos e contentos de poder facer outro ano nestas datas, e esperamos que así sexa por moitos máis’.

Ramón Seijas, presidente da asociación, realizou a entrega deste cheque esta mañá ao delegado episcopal de Cáritas, Ángel Mirón, diante da sede desta entidade, nun acto simbólico no que tamén participaron Javier Soto, secretario xeral de Cáritas, e outros membros da asociación empresarial de concesionarios como José Vilarchao, César Fernández, Marcos Sampedro e Sergi Sánchez.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------