San Amaro celebra o Nadal cun mercado de promoción de produtos artesanais no campo da festa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A localidade de San Amaro celebrou onte o Nadal por partida dobre, cunha festa para a cativada no colexio público e un mercado de artesanía no campo da feira. No primeiro caso, o salón de actos do CEIP Plurilingüe Lansbricae acolleu pola tarde a “Festa PreNadal”, amenizada pola actuación musical do dúo Os Trasnos e onde non faltaron actividades de pintacaras, xogos populares, un mercadillo e un guateque infantil. No segundo, o campo da festa de San Amaro acollía, dende o mediodía, unha feira para a venda de produtos artesanais e alimentarios no que se concentrou un total de oito postos de exposición. Entre eless, unha adicada a venda de embutidos de porco celta, complementos, mel, velas de cera natural ou artigos confeccionados por mulleres da asociación da parroquia das Neves de Grixoa.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta é unha primeira edición desta iniciativa do Concello de San Amaro que se enmarca no programa de actividades de promoción do municipio que se levaron a cabo ao longo de todo o ano, tal e como explicaba o alcalde, Fernando Rodríguez. Entre elas, o Entroido, unha ruta cabalar, o festival celta e, hai poucos días, a exaltación do viño de San Amaro para a súa futura incorporación á Denominación de Orixe Ribeiro. Unha cita que dende o Concello confían se manteña en futuras edicións para a difusión dos produtos locais do municipio, nestas datas de decembro previas as festas navideñas.