Dentro das achegas destinadas a diferentes entidades (por un importe de 61.695,04 euros) a institución provincial colabora co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra con 30.000 euros para sufragar os seus gastos de funcionamento
Cos concellos, as achegas destinadas hoxe, por un importe de 107.000 euros, irán destinadas á subministración enerxética e ao formigonado de núcleos rurais
Ourense, 16 de decembro de 2024.
A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar, na súa sesión ordinaria semanal, un total de 168.695,04 euros destinados á cooperación con municipios (107.000 euros) e diferentes entidades da provincial (61.695,04 euros).
Así, a institución provincial concedeulle unha achega de 30.000 euros ao Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para gastos de funcionamento; mismo concepto que o da axuda que recibirá a Asociación de Veciños Vilanova dos Infantes Gutier Menéndez, por un importe de 10.000 euros. A Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta (Asoporcel), obterá 18.000 euros para un mercado rural. Por ultimo, o Club Depordima recibirá 3.695,04 euros para un marcador electrónico.
No que atinxe á cooperación con concellos da provincia, destinaranse 80.000 euros para subministración enerxética e 27.000 euros para formigonado de núcleos rurais.