Cativos e maiores cantaron panxoliñas de Nadal nunha xornada de convivencia no Centro Alvetus de Avión

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A cita estaba prevista para as 11 da mañá, e ao Centro de Servizos Sociais Alvetus chegaron hoxe puntualmente as nenas e os nenos do CEIP Virgen de Guadalupe de Avión, mentres as persoas maiores residentes esperaban no salón de actos. O motivo, celebrar unha xornada de convivencia interxeracional, unha actividade vencellada a estas datas de Nadal e que estivo promovida conxuntamente polas direccións respectivas do fogar residencial e o colexio público. Os residentes recibiron á cativada co canto de panxoliñas, despois de que os estudantes, acompañados polo seu profesorado, fixeron un percorrido polas instalacións para finalmente ocupar cadeiras ao seu carón e intercambiasen verbas de saúdo.

A continuación, as alumnas e os alumnos protagonizaron un pequeño concerto de panxoliñas, que recitaron acompañados por música e no que tamén bailaron seguindo unhas coreografías previamente ensaiadas, que os maiores de Alvetus acompañaron facendo coros e palmas. Un encontro que chegou ao corazón tanto dos estudantes coma dos residentes, que amosaron o seu xúbilo e ledicia pola celebración de esta actividade navideña na que xeracións moi diferentes participaron dunha mañá moi gratificante, na que tamén se intercambiaron agasallos.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Jéssica Moreno, directora de actividades de Alvetus, valorou o entusiamo co  que os maiores do centro traballaron na confección manual dos adornos de Nadal e dos agasallos, mentres Antía Castro, directora do CEIP Virge de Guadalupe, comentou que os escolares prepararon as súas panxoliñas e unhas golosinas figurativas para os residentes.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------