Dacón, [23 de decembro de 2024] – O próximo 25 de decembro ,XXXVII edición de Belén Vivente de Dacón que terá lugar na Carballeira da Garrida
A xornada comezará ás 12:00 horas coa representación vivente do nacemento, protagonizada polos veciños do pobo, que reviven esta tradición con dedicación e esmero. A continuación, ás 13:00 horas , terá lugar a Misa Solemne , un acto central que reforza o carácter espiritual desta celebración do Nadal.
Este evento, que se converteu nun referente en toda a comarca de Carballiño, espera recibir a un gran número de asistentes, quen terá a oportunidade de gozar dunha experiencia entrañable e auténtica, reflexo do esforzo colectivo da comunidade de Dacón.
Convidámoslles a compartir connosco esta tradición, que non só celebra o Nadal, senón tamén o espírito de unidade e participación que caracteriza ao noso pobo.
Esperámosvos en Dacón este 25 de decembro para vivir xuntos a maxia do Nadal!
VIDEO DA XXXII Edición do Belén Viviente de Dacón