A Comisión das festas do Campo (O Irixo) fixeron por segundo ano consecutivo un video promocional da súa lotería do neno, nesta ocasión e como continuación ao video do pasado ano no que a personaxe televisiva do Luar sr Lisardo soñaba na Parrillada Abanico coa celebración da lotería sendo premiado o número da comisión e como evidentemente non resultou ser certo, neste vídeo os veciños recriminan a Campos e póñeno fóra da taberna en sinal de cabreo polo ocorrido na pasada edición. O sr Lisardo buscou a maneira de resarcir o seu erro e este ano acude a unha meiga en Freás da Canda (Piñor), a Meiga Marina dille o número premiado desta próxima lotería do neno e a comisión da festa está a vender ese número.
Esta mañá lanzouse o video que xa se fixo viral por segundo ano consecutivo con miles de visitas en facebook, instagram e tik tok ademáis dos moitos veciños que o están a reenviar por whatssap. A Comisión das Festas do Campo agradecen a colaboración mercando un décimo e lembran que ESTE ANO, SI.
O neno ven po Irixo.
Os puntos de venta son:
O Carballiño
Cafetería Archy
Froitería Fina
Panadería Manolo
Floristería Carmiña
O Irixo
Parrillada Abanico
Casa Gabán
Casa Sergio
Farmacia
VIDEO DO ANO PASADO 2023