A Cabalgata dos Reis Magos repartíu ledicia e agasallos polos pobos do municipio de Castrelo de Miño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Melchor, Gaspar e Baltasar madrugaron hoxe para poñer a punto a súa carroza e iniciar un longo percorrido polo municipio de Castrelo de Miño. Ás 11,00 de mañá xa saían do lugar de Santa María seguindo un itinerario pola estrada OU-402 ata o núcleo de Troncoso, para logo desviarse pola OU-0304 e subir por Freás ata a parroquia de Macendo. Tra-lo xantar e o correspondente descanso, os Reis Magos reanudaron a súa ruta, saíndo dende Macendo para baixar pola estrada OU-404 cruzando a localidade de Traveso ata chegar á Casa do Concello de Castrelo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Alí foron recibidos polos membros da Corporación municipal, e, a continuación, fixeron entrega aos nenos e nenas dos agasallos que previamente tiñan solicitado utilizando o correo das súas maxestades. O alcalde, Avelino Pazos, agradeceulles aos Reis a súa visita e desexou saúde, paz e prosperidade a toda a veciñanza para este ano 2025 que agora comeza.