Os Reis Magos chegaron á primeira hora desta tarde a San Amaro, cunha parada obrigada na Casa do Concello para saudar dende o balcón á toda a veciñanza e á cativada do municipio. A continuación, subiron aos cabalos preparados pola Escola de Equitación e así poder achegarse ata a residencia xeriátrica e conversar coas persoas maiores alí acollidas, para logo desprazarse ata a praza da igrexa parroquial, onde as nenas e nenos fixéronlles entrega das cartas coas súas peticións de agasallos.
A máxica xornada rematou con Melchor, Gaspar e Baltasar convidando aos rapaces cunha merenda de chocolate con churros, a xeito de reposición das forzas tra-la súa viaxe dende o lonxano Oriente. O alcalde de San Amaro, Fernando Rodríguez, aproveitou esta derradeira actividade da programación de Nadal do Concello para felicitar o novo ano a toda a veciñanza do seu municipio e da comarca do Carballiño.