Os Reis Magos protagonizaron unha animada cabalgata en Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As Súas Maxestades adiantaron un día a súa viaxe a Ribadavia, para así poder evitar as inclemencias meteorolóxicas previstas para a xornada dominical en forma de fortes rachas de choiva e vento. Melchor, Gaspar e Baltasar, cos seus paxes e comitivas respectivas, fixeron hoxe a súa aparición na explanada do IES O Ribeiro ás 5,30 da tarde, aínda que, antes, os tres magos xa visitaron o Asilo de Ribadavia e lévaronlles aos maiores uns roscóns de reis a xeito de agasallo. Os Reis, xunto cos seus respectivos séquitos, partiron nunha carroza que estivo escoltada por outras cinco. En dúas das carrozas iban integrantes das asociacións As Lajartas e A Chairiña e as outras tres foron dispostas polos especialistas de Hípica Celta, ademais da amenización musical dunha charanga.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Reis Magos seguiron o itinerario fixado polas rúas Carballiño, Ribeiro e Progreso, repartindo os tradicionais caramelos e chocolate, todos sen gluten grazas á colaboración da Asociación de Celíacos de Galicia, cruzando parte do casco histórico ata chegar á Praza Maior, ateigada de veciñas e veciños chegados dende diferentes puntos da comarca do Ribeiro. Alí foron recibidos polas autoridades municipais e saudaron a toda a cativada alí congregada, nun espazo único en toda España grazas á iluminación dourada que a vila desfruta por gañar o concurso de Ferrero Rocher.

A xornada rematou na Casa da Cultura, onde veciños e visitantes tiveron a oportunidade de desfrutar do tradicional ‘Concerto de Aninovo’ a cargo da Banda de Música A Lira. A concelleira de Cultura, Yolanda Gómez, desexou que este 2025 “veña cargado de desexos e ilusións”.