O PSOE expulsará do grupo socialista do Irixo ás dúas concelleiras asinantes da moción de censura a Susana Iglesias

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Comisión Executiva Provincial (CEP) do PSdeG-PSOE de Ourense advirtiu ás dúas concelleiras da candidatura socialista do Irixo, Dolores Fariñas e Rosa María Dalama, que serían expulsadas en caso de continuar como asinantes da moción de censura (apoiada polos catro edís do PP) a alcaldesa Susana Iglesias, e que, finalmente, saíu adiante hoxe e colocou a propia Dalama como nova presidenta da Corporación. Esta situación foi posta en conocimiento da militancia da Agrupación Municipal do PSdeG-PSOE do Irixo ao traverso dun comunicado enviado pola Secretaría de Organización da CEP o pasado mércores, 8 de xaneiro.

Nesta circular da dirección provincial socialista comunícase aos militantes do Irixo que a devandita Secretaría remitiu, o día anterior, 7 de xaneiro, e ás dúas concelleiras “unha resolución de xeito personalizado” na que se lles instaba “a desistir da presentación desta moción de censura e dándolle un prazo para desistir da mesma”. Asemade, se lles advirte que, de continuar coa súa tramitación, “serán expulsadas do grupo socialista, xa que as dúas compañeiras forman parte da candidatura como independentes, non son afiliadas ao partido”.

A Secretaría de Organización adianta á militancia que “procederá á expulsión das dúas compañeiras por vulnerar a normativa estatutaria e regulamentaria da nosa Organización”, en base no previsto no artigo 73 dos vixentes Estatutos Federais do PSOE, que fixan a dependencia dos grupos municipais socialistas para acatar as ordes dos órganos de dirección, citando tamén o artigo 233 do Regulamento Federal do PSOE, que contempla a expulsión daquelas persoas destes grupos nos Concellos que non se axusten ás normas, sexan ou non afiliados á organización.

A CEP de Ourense considera que as dúas concelleiras “están a incumprir gravemente un mandato dos órganos superiores do partido e a vulnerar a normativa estatutaria recollida no artigo 50”. Neste artigo obrígase aos grupos municipais a consultar a militancia calquera acordo no que o PSOE esté vencellado, consulta que non se levou a cabo no caso do Irixo.