A Escudería Motor Piñor organiza o “II Rallysprint de Piñor” os días 14 e 15 de febreiro, unha proba automobilística federada incluída no Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i 2025, e que se desevolverá nos municipios de Piñor e San Cristovo de Cea. O rallysprint é unha modalidade de rallys de asfalto de menor duración, celebrando todo no mesmo día, verificacións, recoñecementos e dous tramos cronometrados a dobre pasando facilitando a participación dos equipos.
O ano pasado, esta escudería organizou a primeira edición do “Rallysprint de Piñor”, o primeiro tamén desta modalidade en Galicia, que tivo unha gran acollida tanto de participantes como de público asistente, e repercutindo económicante tamén na zona. Por todo isto, seguen a traballar na organización da que será a segunda edición e anuncian que xa está aberto o prazo de inscrición, que rematará o 10 de febreiro, na páxina da Federación Galega de Automobilismo (https://www.fga.es/project/rallysprint-pinor-2025/ ).