A promotora dunha mina de litio en Beariz presentou ante a Xunta a solicitude para a concesión da explotación

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A empresa Recursos Minerales de Galicia, S.A., promotora do proxecto ‘Mina Doade’ de minería subterránea para a extracción de minerais de litio e feldespatos no municipio de Beariz, vén de completar o trámite de solicitude de concesión da explotación ante a Consellería de Economía e Industria. A partir de agora, a documentación aportada pola entidade empresarial terá que ser avaliada pola administración autonómica nun prazo máximo de 18 meses. A promotora presentou, entre outros documentos, os proxectos de explotación e da planta de concentración; o plan de restauración da zona afectada; o estudio de impacto ambiental e, asemade, un anexo co estudio de impacto económico e social, e, finalmente, un informe de viabilidade.

Ao respecto, pódese lembrar que a empresa levou a cabo no pasado outono un proceso de participación cidadá, cun intenso traballo de campo con máis de 40 entrevistas e encontros en profundidade con axentes da comunidade. Entre eles, comunidades de montes, asociacións veciñais e de empresarios, así como colectivos ambientalistas, culturais e sociais. Asemade, levaronse a cabo case 500 enquisas cidadáns presenciais nos municipios de Beariz, Avión, Forcarei, A Lama e Cerdedo-Cotobade (tal e como se recolle na imaxe, na feira de Doade).

A documentación aportada pola empresa consta de máis de 8.700 páxinas, agrupadas en 105 documentos, e compila os traballos de deceas de profesionais, entre enxeñeiros, xeológos, químicos, técnicos medioambientais, economistas, xuristas e sociólogos, reunidos nunha vintena de grupos de investigación universitaria, empresas especializadas e equipos internos do Grupo Samca. Según apunta a promotora, lévanse adicado miles de horas de traballo durante os últimos nove anos para preparar o proxecto completo que veñen de presentar, cun investimento de 10 millóns de euros na súa preparación.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ata agora, Recursos Minerales de Galicia, S.A. dispón dun permiso de investigación nomeado ‘Alberta I’, que abarca os municipios de Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Avión, Beariz e A Lama nunha extensión de 1.690 hectáreas de terreo, no que a administración autonómica autorizou a toma de mostras e a exploración do subsolo. Logo de anos de estudio e análise sobre o terreo, os técnicos da empresa concretaron que a mellor localización para o emprazamento dunha mina subterránea viable é nos montes de Doade, que son propiedade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Lama, Cega e Biscobo, nunha superficie acotada de 13,62 hectáreas.

‘Mina Doade’ é un proxecto de explotación dunha mina subterránea e a construcción dunha planta de beneficio de minerais de litio e feldespatos para a industria cerámica. A roca obxectivo desta mina é a pegmatita, rica en minerais de litio e feldespatos. O proxecto está impulsado por Recursos Minerales de Galicia, S.A., empresa filial do Grupo Samca.

Es un proyecto minero que contempla la explotación de
una mina subterránea y la construcción de una planta de beneficio de minerales
de litio y feldespatos para la industria cerámica en Doade-Beariz, provincia de
Ourense (España). La roca objetivo de esta mina es la pegmatita, rica en minerales
de litio y feldespatos. Mina Doade es un proyecto impulsado por Recursos
Minerales de Galicia, S.A., empresa filial del Grupo SAMCA


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------