A tenda Ozoco do Carballiño acollerá este vindeiro sábado, 25 de xaneiro, dende as 12,00 horas, aos tres últimos autores gañadores dos ‘Premios Xerais’, que levarán a cabo a presentación das súas obras e tamén a sinatura de exemplares ás perosas que ata alí se acheguen.
Trátase de Abel Tomé, que recibiu o premio Merlín por “Milú e o edificio das persoas extraordinarias”; Raquel Fernández, premio Jules Verne coa súa obra “I’m Obélix”, e tamén se contará coa presenza de Marta Villar, premio Xerais de novela por “Detective Ferruchi”.
Os tres autores estarán acompañados neste acto por Isabel Álvarez Vázquez, profesora de Lingua Galega no IES Nº1 do Carballiño. A tenda Ozoco está situada no número 29 da rúa Curros Enríquez da vila do Arenteiro.