

O xove deportista Roi Freixedo González conqueríu a medalla de bronce na Copa Federación de Tiro Olímpico, celebrada a pasada fin de semana en La Rioja como primeira competición oficial do calendario estatal. Roi Freixedo, nado no municipio do Irixo en 2007, competíu na categoría junior masculina na modalidade de pistola de precisión, acadando o 3º posto nas quendas do torneo que se levaron a cabo entre o venres e o domingo pasados no Centro de Tecnificación Deportiva da localidade rioxana de Prado Salobre nas especialidades de pistola e carabina a 10 metros.
Roi Freixedo compite na actualidade na categoría xuvenil pero tamén o fai dende hai tempo na júnior, que é previa á absoluta. No ano 2024 rematou sexto na clasificación nacional de junior, o que lle valeu para ser convocado, a finais de decembro, pola Real Federación Española de Tiro Olímpico a unha concentración de adestramento que tivo lugar no Centro de Alto Rendemento de Las Gabias, situado en Granada. A seguinte cita nesta categoría é a Copa do Rei que se vai celebrar a mediados de febreiro en Murcia.