O Concello de Avión segue dando pasos firmes cara a un futuro máis sostible e eficiente coa renovación da iluminación pública, un proxecto cofinanciado a través do programa DUS 5000.
Os labores de modernización xa están practicamente finalizadas nos núcleos de Abelenda, Beresmo, San Vicente e Vilar, logrando importantes avances en termos de eficiencia enerxética e redución do impacto ambiental. Grazas a esta iniciativa, conséguese diminuír o consumo de electricidade e as emisións de CO₂, ademais de proporcionar unha iluminación máis eficiente e segura para a veciñanza.
Cun investimento superior ao millón de euros, o proxecto abarca todos os núcleos do municipio, onde os traballos avanzan segundo o previsto. Desde o Concello destacan que este esforzo non só mellora a calidade de vida dos habitantes, senón que tamén reforza o compromiso da localidade na loita contra o cambio climático.
🌟 Avión avanza na modernización do alumeado público! 💡♻️
Dende o Concello de Avión seguimos a dar pasos xigantes cara a un futuro máis sostible e eficiente . O proxecto de renovación do alumeado público, cofinanciado a través do programa DUS 5000 , xa está practicamente rematado nos núcleos de Abelenda, Beresmo, San Vicente e Vilar
🌍 Que conseguimos? 🔹 Instalación de tecnoloxías modernas e sostibles 🌟
🔹 Redución do consumo enerxético e das emisións de CO2 💨
🔹 Unha iluminación máis eficiente para a veciñanza 👩👩👦👦👨👩👧👦
Este proxecto, que supón un investimento de máis dun millón de euros, abrangue todos os núcleos nos que os traballos están avanzando segundo o previsto . O noso obxectivo é mellorar a calidade de vida da veciñanza e contribuír á loita contra o cambio climático
🙏 Dende o Concello queremos agradecer o esforzo de todas as persoas e entidades implicadas 🤝💙. Este é un exemplo de como traballar en equipo polo ben común 🛠️🤲.
Avión brilla máis ca nunca! 💡✨ Seguiremos informando 💬📢.