O Irixo mantén a incógnita sobre un pacto que posibilite un goberno estable no Concello

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A futura xestión do Concello do Irixo é incerta por non existir aínda un acordo entre un equipo de persoas que posibilite a estabilidade política necesaria para gobernar, dende que o pasado 13 de xaneiro, unha moción de censura apoiada por catro concelleiros do PP e as dúas edís do PSOE propiciaron a destitución de Susana Iglesias, de Xuntos polo Irixo, ao fronte da alcaldía. E a sesión plenaria da Corporación que se celebrou hoxe á primeira hora da mañá tampouco aclarou nada sobre o posible pacto entre os asinantes desa moción, que colocou como alcaldesa a Rosa María Dalama, que xunto con María Dolores Fariñas, concurrían como independentes na candidatura socialista, proporcionando o cambio ao sumar seis dos nove votos da Corporación.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Precisamente, ésta última defendou no pleno que “son dona da miña acta” de concelleira, aludindo á sesión plenaria do 26 de decembro, na que figuraba aínda como integrante do grupo de goberno de coalición de Xuntos e PSOE. Na actualidade, tanto Fariñas como Dalama (que onte presidiu a súa primeira sesión) foron expulsadas do grupo socialista e incorporadas ao de ‘non adscritos’, tras acatar a resolución dictada pola Secretaría Federal de Organización do PSOE.

Por outra parte,  os votos das dúas concelleiras e dos tres edís do PP presentes no Pleno de hoxe decidiron cos seus votos eliminar a xunta de goberno local, o máximo órgano de xestión do Concello, aumentando así as dúbidas de quén ou quénes terán a partir de agora a responsabilidade de gobernar. Na sesión, tamén se nomearon os voceiros de cada grupo. Deste xeito, María Dolores Fariñas será portavoz dos ‘non adscritos’, aínda que entre éstes se atope tamén Juan Manuel Villanueva, expulsado de Xuntos tras deixar a Iglesias en minoría e que agora reclama voltar a esta formación política, ao entender que non foi convocado á xuntanza que tomou esa decisión. Manuel Cerdeira e Susana Iglesias serán os voceiros respectivos de Partido Popular e Xuntos.

A alcaldesa, Rosa María Dalama, manifestou que desexaba “levar con calma” o seu novo cargo e non ter presa para determinar cál vai ser o futuro goberno do Concello. O que sí é claro, nen ela nen Fariñas poderán percibir salario algún pola súa adicación, ao abeiro dunha sentenza do Tribunal Supremo dictada para casos de transfuguismo.