A Xunta destinou máis de 900.000 euros ás infraestruturas turísticas de 30 concellos da provincia de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo,  subliñou a aportación do Goberno galego de máis de 900.000 euros a 30 concellos da provincia de Ourense de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora nas súas infraestruturas turísticas. Así o fixo esta mañá no concello de San Cristovo de Cea, onde se desprazou para, da man do seu alcalde, José Luis Valladares, supervisar as obras de acondicionamento do forno público de Ponte Mandrás, nas que  a Axencia Turismo de Galicia investiu 30.000 euros na súa rehabilitación ao abeiro das achegas da orde de Infraestruturas Turísticas na edición do ano pasado.

COMERCIAL ORCELLÓN

O delegado da Xunta aproveitou a súa estadía en San Cristovo de Cea para anunciar que mañá ábrese o prazo, ata o día 28 de marzo, dunha nova convocatoria, que conta cun orzamento de 2 millóns de euros. A orde -explicou Manuel Pardo- e ten como obxectivo fomentar a recuperación, a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos destes municipios para consolidar a oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.

Esta orde procura –según Pardo- a posta en valor turístico dos recursos dos municipios beneficiarios a través da súa rehabilitación ou restauración para dedicalos a usos turísticos, así como coa recuperación de elementos etnográficos ou da arquitectura tradicional. Ademais, apoia a mellora da accesibilidade a estes recursos coa eliminación de barreiras arquitectónicas e da súa sinalización con elementos integrados de forma respectuosa coa contorna.

Manuel Pardo significou que entre os obxectivos básicos deste tipo de axudas están o desenvolvemento do turismo na comunidade autónoma dacordo cos principios de calidade, accesibilidade e sustentabilidade; a potenciación do turismo como un factor de crecemento económico, a valorización dos recursos turísticos e o seu fomento coma un instrumento de reequilibrio territorial.

Por iso, apuntou o delegado da Xunta, que o desenvolvemento rural galego debe abordarse desde unha perspectiva integral, prevese o apoio a actuacións de diferente natureza, que a Axencia de Turismo de Galicia está materializar a través da concesión de subvencións ás entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------