Os estudantes do colexio da Arnoia “correron o galo” para festexar o comezo do Entroido

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comunidade educativa do CEIP San Salvador da Arnoia programou para a xornada de hoxe unha actividade orientada á participación de tanto o alumnado coma o profesorado co obxectivo de celebrar o inicio das datas do Entroido. Deste xeito, disfrazáronse nas instalacions e portando uns arboriños coas polas adornadas con biscoitos, percorreron a distancia entre o centro de ensino, ubicado nas inmediacións da paraxe de A Queixeira e ao carón do río, ata o centro da capitalidade municipal.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Acompañados con música de gaita e pandeiretas, chegaron ata a Praza do Concello, onde foron recibidos por un grupo de mulleres, tamén disfrazadas, e o alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio, se ben antes fixeron unha parada no Centro Integral do Maior, onde diferentes mecos colocados no exterior parodian os programas e series da TVG: Supermartes, Luar, Pratos Combinados ou Mareas Vivas, entre outros.

Na praza recuperaron unha das tradicións antergas das escolas do municipio, a nomeada “Festa do Galo”. Tal e como nos comentou a directora do eolexio público, Alba Santa Cruz, “antiguamente soltábase un galo e os rapaces iban detrás del, agora é un profesor quen se disfraza e as nenas e nenos van tirándolle das plumas mentres él escapa, a xeito de competición entre eles”.

Así foi como os rapaces, divididos en equipos, perseguiron e fixeron correr ao “galo” por toda a praza, acurralándoo en varias ocasións, mentres noutras lograba escapar dos participantes neste xogo. Ao remate da actividade, o Concello tíñalles preparado un almorzo con chocolate quente, bica e as típicas orellas do Entroido, todo elo amenizado con música para bailar e desfrutar dunha mañá de lecer moi divertida.