A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, participou esta mañá na presentación dos 30º Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios que organiza Special Olympics Galicia e que se celebrarán en Vilagarcía de Arousa o sábado 8 de marzo.
Neste sentido, sinalou a importancia da colaboración entre as entidades e as administracións para poder chegar cada vez a máis persoas e prestar máis e mellores servizos. Neste sentido, garantiu que a Xunta vai seguir apoiando o labor de Special Olympics a quen destina, este ano, un convenio nominativo de máis de 200.000 euros para as súas actividades.