A conselleira de Vivenda mantivo unha reunión con Luis Milia, alcalde de Carballeda de Avia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo en Ourense unha reunión de traballo co alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia Méndez. A xuntanza tivo lugar nas instalacions da Delegación Territorial da Xunta de Galicia na capitalidade provincial.

Nesta reunión, a conselleira e o rexedor do Ribeiro abordaron actuacións de interese para este concello ourensán, de xeito especial en materia de vivenda. María Martínez Allegue fixo fincapé na importancia da colaboración entre as administracións para impulsar actuacións que contribúan ao obxectivo común de mellorar a calidade de vida da veciñanza.