Os deputados ourensans do PP no Congreso urxen ao Goberno medidas contra a alta sinistralidade na estrada N-541

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Grupo Parlamentario Popular do Congreso dos Deputados, por medio de Celso Delgado, Ana Belén Vázquez e Rosa Quintana, representantes pola provincia de Ourense, vén de preguntar ao Goberno do Estado pola toma de medidas para reducir a alta sinistralidade na estrada N-541 (Ourense-Pontevedra) e a súa posible conversión nunha vía de alta capacidade.

Os tres deputados ourensáns lembran que o 18 de decembro do pasado ano, o Pleno do Parlamento de Galicia aprobou por unanimidade unha proposición non de lei instando á Xunta de Galicia “a dirixirse ao Goberno de España para esixir accions inmediatas na mellora da N-541 para reducir a alta sinistralidade nesta vía de comunicación”.

No mesmo acordo, solicítase a adaptación desta estrada “ás necesidades do tráfico que garantan a seguridade dos vehículos, así como dos habitantes dos núcleos de poboación polos que transcorre”, ademais de levar a cabo “un estudo de viabilidade que contemple unha autovía ou vía de alta capacidade sen pasar por núcleos de poboación entre O Carballiño e Pontevedra”.

Por todo elo, os deputados Celso Delgado, Ana Belén Vázquez e Rosa Quintana preguntan ao Goberno se o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible vai atender “a demanda unánime do Parlamento de Galicia, adoptando accions inmediatas para a mellora da estrada N-541 para reducir a súa alta sinistralidade”, e realizando, ao mesmo tempo, “un estudo de viabilidade que contemple unha autovía ou vía de alta capacidades en pasar polos núcleos de poboación entre O Carballiño e Pontevedra”.