Técnicos de Augas de Galicia eliminan un verquido de augas residuais en Beariz

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, contribuíu a eliminar recentemente un punto de vertido de augas residuais na parroquia de Lebozán, no concello de Beariz. O persoal do Programa de Control de Vertidos (PCV) do organismo hidráulico autonómico iniciou as actuacións no transcurso dos seus labores rutineiros de inspección á rede fluvial deste municipio ourensán.

Concretamente, a incidencia consistía nun vertido de augas residuais por infiltración como consecuencia de varias roturas existentes nun sistema de depuración da contorna, polo que se informou ao titular das instalacións para que adoptase as medidas oportunas para corrixir a situación.

Nunha nova inspección á zona realizada por persoal de Augas de Galicia constatouse a emenda deste episodio tras selarse as fisuras existentes e poñer a punto o sistema de depuración, co que finalizaron os aportes irregulares ao dominio público.