O festival “Espírito Ribeiro” chegará en xuño a Castrelo de Miño, Arnoia e Cenlle con obradoiros de artesanía

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse hoxe cos alcaldes de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; de Arnoia, Rodrigo Aparicio e coa alcaldesa de Cenlle, Rebeca Sotelo, cos que abordaron distintos aspectos relativos á colaboración da Xunta na edición deste ano do festival “Espírito Ribeiro”.

Esta cita conta co apoio da Fundación Artesanía de Galicia, dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, nos distintos obradoiros deste sector que incluirá esta iniciativa prevista para o mes de xuño nestes tres municipios. Este apoio enmárcase na aposta do Goberno galego a prol da artesanía galega, como vertebradora do territorio. Este sector terá un oco prioritario no futuro Plan Estratéxico de Comercio 2025-2030, que abarcará actuacións para garantir a súa competitividade e a remuda xeracional.

Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño acolleron o pasado ano a cuarta edición do Festival “Espírito Ribeiro”, unha marca vivencial que se estrutura en tres días de actividades (música, gastronomía, viños) e unha selección de expositores de Artesanía de Galicia, que se desenvolveron nos tres concellos os días 28, 29 e 30 de xuño.