A declaración de “estratéxico” para o proxecto ‘Mina Doade’ suscita o rexeitamento de colectivos ecoloxistas de Galicia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregasa Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON e Ecoloxistas en Acción Galiza vñen de manifestar a súa oposición á inclusión da mina de Doade (parroquia de Xirazga en Beariz, Ourense) na lista de “proxectos estratéxicos” da Comisión Europea -Regulamento de Materias Primas Fundamentais- para a extracción de minerais destinados a industrias do sector enerxético, tecnolóxico e armamentístico. Estes colectivos súmanse ás voces de grupos medioambientais e plataformas veciñais que alertan dos desproporcionados impactos que tería a reapertura destas instalacións de extracción de litio, ao tempo que subscriben a denuncia de escurantismo e falta de transparencia que arrodean esta decisión.

A selección feita pola Comisión Europea de ‘Mina Doade’ dentro do listado de Proxectos Estratéxicos según o Regulamento de Materias Primas Críticas da UE foi feita pública pola empresa promotora desta explotación, Recursos Minerales de Galicia, S.A., empresa filial do Grupo SAMCA. Según estas empresas, esta declaración supón que “a Unión Europea subraia que o proxecto de minería soterrada de extracción de litio e feldespatos, prevista na contorna da localidade de Doade, en Beariz, é de interese público”. Esta selección foi debida, según a promotora, á importancia económica da materia prima, xa que o litio é crítico en sectores clave para a UE como a automoción, a tecnoloxía e a industria, e, tamén, polo risco de falta de subministro deste tipo de recursos.

As agrupacions ecoloxistas alertan “dunha nova tentativa de priorizar o lucro económico de empresas extractivas, enerxéticas e tecnolóxicas por riba dos dereitos humanos e sociais, constituíndo ademais unha proposta con importantes prexuízos medioambientais que van no sentido oposto ás medidas de recuperación e conservación da natureza que esixe o desafío do cambio climático”. E lembran que, “xa no ano 2014, o Instituto Geológico y Minero de España advertiu nun dos seus informes da posibilidade de formación de augas ácidas de mina, e da propia documentación presentada no marco do proxecto Alberta-1 pola empresa solicitante nese momento, despréndese que minerais radiactivos como o cesio ou o rubidio serían extraídos, machacados, depositados en escombreiras ao aire libre e suxeitos a disolución, bombeo e inxección a cauces superficiais e contaminación de acuíferos, todo iso a menos de 1 km de dous núcleos de poboación”.

‘Mina Doade’ é un proxecto mineiro que contempla a explotación dunha mina soterrada e a construción dunha planta de beneficio de minerais de litio para o sector das baterías, e feldespatos para a industria cerámica. A zona de explotación é a localidade de Doade, na parroquia bearicense de Xirazga, e a roca obxectivo desta mina é a pegmatita, rica en minerais de litio e feldespatos. O proxecto presentado polo grupo SAMCA atópase na actualidade en proceso de tramitación na Consellería de Economía e Industria, dende a solicitude de concesión feita pola empresa o pasado 17 de xaneiro.