Ourense, 25 de marzo de 2025.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, presidiu esta mañá a Comisión Territorial, na que se deu repaso aos temas referidos á Administración autonómica nos concellos da provincia de Ourense.
Na reunión, que se desenvolveu por primeira vez na Dirección Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, analizáronse os investimentos recentes ao amparo das distintas achegas e programas do executivo autonómico na provincia de Ourense.
O delegado territorial, Manuel Pardo, valorou moi positivamente o desenvolvemento deste tipo de comisións, “xa que serven para flúa máis dinamicamente a información de xeito transversal entre os distintos departamentos, analizar entre todos a casuística que se está a producir nos concellos da provincia e atopar as mellores solucións”.