
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mantivo un encontro hoxe co alcalde do municipio ourensán da Arnoia, Rodrigo Aparicio, continuando coa liña de reunións cos rexedores locais para coñecer de primeira man as necesidades dos distintos concellos e avanzar en asuntos relacionados coa súa área de actuación.
Neste senso, abordaron diferentes vías de colaboración entre ambas as dúas administracións para impulsar accións de dinamización cultural e fomento da lingua galega, ademais de avaliar outras cuestións relacionadas coa rehabilitación e conservación do patrimonio da localidade.