“Queremos conmemorar o ano Castelao. Queremos reivindicar a súa obra, que é parte fundamental da nosa historia e cultura, dende unha perspectiva nova e emocionante da súa creación”, adianta a secretaria de Educación da CEM, Cristina Cruz
Será este venres, diante da Biblioteca Nós, ás 19:00, e da man da actriz ourensá Uxía Morán
Ourense, 26 de marzo de 2025. A agrupación municipal do PSdeG de Ourense celebra este venres, diante da Biblioteca Nós (na praza da II República), un acto para homenaxear o legado e obra de Alfonso Rodríguez Castelao ante a ausencia total de programación por parte do Concello no ano en que se conmemoran 75 do seu pasamento.
Neste senso, a secretaria de Educación da Comisión Executiva Municipal (CEM), Cristina Cruz, incide en que urxe implementar políticas que promovan a cultura e a prol do galego e que a veciñanza da terceira urbe de Galicia debería contar cunha programación variada como acontece noutras cidades.

“Queremos conmemorar o ano Castelao. Queremos reivindicar a súa obra, que é parte fundamental da nosa historia e cultura, dende unha perspectiva nova e emocionante da súa creación”, adianta a socialista sobre a interpretación que será de balde.
Da man da actriz Uxía Morán, as e os asistentes ao acto poderán achegarse a diferentes personaxes icónicos do escritor. “Esta é a nosa forma de plantar cara á falta absoluta de programación cultural por parte do Concello de Ourense”, remata explicando sobre a motivación do acto que dará comezo ás 19:00 horas.
Enviamos enlace ao audio con declaracións da secretaria de Educación da Comisión Executiva Municipal, Cristina Cruz: