A agrupación dos Socialistas do Ribeiro consideran que tanto a Deputación Provincial de Ourense e a Xunta de Galicia deberían implicarse máis no control económico da Mancomunidade de Concellos, que xa foi obxecto dun informe de fiscalización do Consello de Contas de Galicia no ano 2022, tra-las denuncias que veñen efectuando os representantes do PSdeG-PSOE nestes municipios da comarca dende 2017.
Neste sentido, entenden que a Xunta de Galicia, que financia preto do 60% do orzamento da Mancomunidade do Ribeiro, “está na obriga de velar pola xestión eficiente dos recursos públicos de todos”. Poñen coma exemplo alguns datos recollidos do Servizo de Protección Civil, Prevención e Extinción de Incendios no periodo 2017/24 prestado por la Mancomunidade, no que detectan un incremento superior do 52% do seu custe.
Asemade, e tendo en conta que -según os socialistas- o parque de maquinaria da Mancomunidade está composto por catro desbrozadoras, dúas motobombas, dous multilif, unha pala, un tractor e unha cabeza tractora, a porcentaxe de horas traballadas por estas máquinas sobre o horario laboral dispoñible foi tan só dun 10% en 2017 e dun 5% en 2024. E apuntan que os datos de consumo de combustible e reparacions da maquinaria neses mesmos oito anos “reflexan magnitudes económicas totalmente incoherentes”.
Por todo elo, os socialistas do Ribeiro apuntan que “agradeceríamos á Xunta e Deputación que, ademais de vendernos eses proxectos e investimentos coma motores económicos e dinamizadores da zona e creadores de postos de traballo”, se comprometan a esixir da Mancomunidade de Concellos o cumprimento da normativa vixente no relativo á elaboración das súas contas.