No concello de Avión: convocatoria para a selección de tres peóns/as de obras públicas.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Convocatoria para a selección do persoal que se indica con cargo á subvención da Deputación ao abeiro do Plan provincial de obras e servizos para 2025:

1.- Prazas para cubrir: 3 peóns/as de obras públicas. 2.- Duración do contrato: 6 meses.

3.- Modalidade de contratación: contrato laboral de duración determinada por circunstancias da produción.

4.- Sistema de selección: valoración de méritos e realización de probas prácticas de carácter eliminatorio.

5.- Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no Rexistro Xeral do Concello de Avión ou por calquera dos medios admitidos en dereito, nos 5 días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP.

6.- Exposición das bases: o texto completo estará publicado no taboleiro de anuncios e no portal de transparencia do Concello de Avión.

Avión, 2 de abril de 2025. O alcalde. Asdo.: Antonio Montero Fernández.