A retirada de árbores e maleza do cauce e das ribeiras permite desfrutar da beleza do río Arenteiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A iniciativa posta en marcha pola Concellería de Medio Ambiente do Carballiño para levar a cabo unha limpeza do río Arenteiro ao seu paso pola vila concretouse nas últimas tres semanas, conseguindo un acondicionamento integral que deixou ao descuberto a riqueza paisaxística do seu cauce e das súas ribeiras. Tra-las xestións realizadas pola responsable deste departamento municipal, Elvira Torres, ante a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), este organismo de conca autorizou os traballos pertinentes, que foron efectuados pola empresa Tragsa cunha brigada composta por tres operarios e a utilización de maquinaria axeitada.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Uns traballos que resultaron laboriosos, tal e como apunta a propia Elvira Torres, “xa que facía moitos anos que non se efectuaba unha limpeza desta magnitude no río, que presentaba un cauce cheo de árbores secas que houbo que retirar non sen esforzo”. Ao respecto, a concelleira de Medio Ambiente cita zonas como a presa do Cuco, a ponte de Toscaña ou a contorna da piscifactoría da Xunta de Galicia. Asemade, a limpeza da maleza xa permite a práctica da pesca dende as pasarelas habilitadas para as persoas discapacitadas e que están ubicadas na marxe esquerda do río, xunto á avenida do Arenteiro.

Dende a Concellería de Medio Ambiente agradecen o traballo realizado e animan á veciñanza do Carballiño e a todas aquelas persoas que visiten a vila a gozar do Arenteiro e da súa contorna natural.