Un total de 38 publicacions optan a gañar o ‘XL Premio Antón Losada Diéguez’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O xurado da 40ª edición do Premio Antón Losada Diéguez reunirase o vindeiro sábado, 12 de abril, co fin de seleccionar as obras que finalmente sexan acredoras de levarse os galardons, tanto no eido de creación literaria coma no de investigación e ensaio, que están financiados pola Deputación de Ourense e os Concellos de Boborás e O Carballiño. É precisamente este último ao que lle corresponde neste 2024 a quenda da convocatoria, á que optan un total de 38 publicacións, 22 en creación literaria e 16 en investigación e ensaio, presentadas polos editoriais Xerais, Galaxia, Murabellos, Baia e Laiovento.

A dotación económica total é de 12.000 euros, distribuídos equitativamente entra ambos apartados, e o acto da entrega dos premios terá lugar o sábado 14 de xuño no pazo da familia Losada, na localidade de Moldes, pertencente ao municipio de Boborás. O xurado está convocado para as 11,00 horas deste sábado no salón de plenos da Casa do Concello estará presidido por Diego Fernández Nogueira, concelleiro de Cultura do Carballiño

Tamén estará integrado por Patricia Torres e César Fernández, alcaldesa de Boborás e deputado provincial de Cultura, respectivamente; Lourenzo Fernández, da Real Academia Galega; Dolores Vilavedra, do Consello da Cultura Galega; María Xosé Fernández, do Museo do Pobo Galego; e por Antonio Salgado, Benigno Salgado e Carme Fernández, coma representantes respectivos das universidades de Santiago, Vigo e A Coruña.