O Centro de Estudios Chamoso Lamas organiza mañá un roteiro polas construcións relixiosas do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Centro de Estudios Chamoso Lamas, continuando coa iniciativa da posta en valor do patrimonio cultural do Carballiño, organiza, en colaboración coa Cofradía da Vera Cruz e o Concello do Carballiño, para mañá, 17 de abril e Xoves Santo, un novo roteiro no que os historiadores e investigadores do colectivo carballiñés Juan Manuel Rodríguez e Xosé Luis Sobrado, explicarán a historia, arte e arquitectura das construcións relixiosas do Carballiño.

Concretamente, os historiadores guiarán un itinerario polas igrexas parroquiais de San Roque de Señorín e de San Cibrao; pola capelas do Sagrado Corazón e da Residencia dos Irmáns Prieto, ata chegar ao yemplo da Veracruz, onde o rematará o roteiro.

O percorrido comezará ás 11,00 h, sendo o punto de encontro a entrada do cemiterio de Señorín ás 11,00 h, e prolongarase duarante dúas horas e media, aproximadamente.  Non é preciso apuntarse previamente.