O PSdeG-PSOE de Leiro denuncia a redución de persoal sanitario no Centro de Saúde

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Leiro denuncia públicamente a situación que está a vivir esta semana o Centro de Saúde do municipio, onde só está dispoñible un sanitario, cando debería haber dous profesionais atendendo á veciñanza. Para os socialistas, “esta situación supón unha clara merma na calidade asistencial e un risco para a atención sanitaria dos nosos veciños e veciñas, especialmente das persoas maiores e con enfermidades crónicas, que precisan un seguimento constante e axeitado”.

Dende o PSdeG-PSOE esixen á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia “que cubra as prazas vacantes cando un facultativo ten permisos por asuntos personais e garanta a dotación necesaria de persoal para o correcto funcionamento con dous facultativos, xa que é o normal e o correcto no Centro de Saúde de Leiro”. Entenden que non é admisible que unha vez máis sexan os concellos pequenos os que padezan os recortes e a desatención por parte da administración autonómica.

Para o grupo socialista de Leiro, o acceso á sanidade pública en condicións dignas é un dereito que non pode depender da semana nin da sorte. “Seguiremos vixiantes e trasladaremos esta situación aos órganos competentes para que se tomen medidas urxentes”, conclúen.