Piñor inaugura o vindeiro luns a exposición “Galería de sentires” creada por nenas e nenos do municipio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Piñor vén de anunciar que o Programa de Educación e Apoio á Familia levou a cabo unha nova actividade para os nenos e nenas, financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude e polo Fondo Social Europeo a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027. Trátase de “Xornadas Expres-Arte”, unha actividade infantil dirixida á identificación, expresión e xestión emocional mediante contos, medios audiovisuais e técnicas artísticas creativas (arxila, pintura en lienzo, collage…), aproveitando as vacacións escolares da Semana Santa.

Os/as participantes crearon as súas propias obras de arte, coas que se levará a cabo a exposición “Galería de sentires” , na propia Casa do Concello. Esta mostra será presentada o vindeiro luns, 21 de abril, ás 12,00 horas, nun acto aberto ó público onde os nenos e nenas explicarán as súas creacións e o seu significado, e se ofrecerá unha chocolatada con bica para tódolos/as asistentes.

A partir dese día, a exposición manterase aberta ó público ata o 30 de abril, no horario de atención ó público das oficinas municipais, é dicir, de 8,30 a 15,00 horas. Dende o Concello de Piñor animan á toda a poboación a asistir a esta inauguración da “Galería de sentires”, apoiando con elo o traballo e adicación dos nenos e nenas do municipio.