Ourense, 21 de abril de 2025.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá coa alcaldesa do Irixo, Rosa Dalama, e membros do seu equipo de goberno cos que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica.
Manuel Pardo, despois de repasar coa rexedora e concelleiros asuntos de interese mutuo para as dúas administracións e avaliar posibles vías de colaboración, trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello do Irixo”.