O deportista do Irixo Roi Freixedo consegue o 5º posto na Copa de España de Tiro Olímpico

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Roi Freixedo (O Irixo, 2007) conseguíu un diploma, correspondente ao 5º posto da clasificación final, na ‘Copa de España de Tiro Olímpico’ que vén de celebrarse entre os días 25 ao 27 de abril no Centro de Tecnificación Deportiva de La Rioja nas modalidades de pistola e carabina O xove deportista do Irixo chegou á última fase clasificatoria sen apenas poder adestrar debido aos seus estudos.

Concretamente, a competición consistía en dúas fases clasificatorias, desputándose a primeira o venres, día 25, e, a segunda, o sábado 26. Sen embargo, a Roi Freixedo foille imposible desprazarse ata Logroño para participar na primeira fase, xa que se atopa na recta final dos seus estudos de 2º de Bacharelato e tivo que realizar varios exames, ademais de que no vindeiro mes ten que presentarse ás probas de acceso á universidade (PAU).

Por iste motivo, e aínda sen adestrar, o xove tirador decidíu presentarse na competición para xogarse toda a unha carta, á da segunda fase clasificatoria. Deste xeito, logrou clasificarse e obtivo praza para desputar a final olímpica, na que tivo que conformarse co diploma do 5º posto, a tan só unha décima do 4º e a tres décimas de conseguir medalla.

Logrou clasificarse e obtivo praza para disputar a final olímpica. Xa na final, tivo que conformarse co diploma do quinto posto, tan só a unha décima do cuarto e a tres décimas de conseguir medalla. Nesta Copa de España participou o tamén ourensán Yeray Penedo González, que rematou sétimo. E na vindeira fin de semana, a Roi Freixedo tócalle xogar na casa, a pola Copa Deputación de Ourense que se disputará en Eiroás.