Veñen de celebrarse os plenarios de Queremos Galego en Ribadavia e no Carballiño ante a situación de emerxencia que está vivindo a lingua galega e a necesidade de unir a colectivos e á sociedade civil na defensa do noso maior patrimonio: a lingua propia.

Na plataforma cidadá Queremos Galego consideramos que é hora de reaccionar e de que, como sociedade, asumamos a responsabilidade da que desertaron algunhas institucións, especialmente quen ten depositadas as competencias de planificación e política lingüística. Farémolo a través do Proceso social Lingua Vital coa participación de todas as entidades, colectivos e organizacións de Galicia que queren mudar o rumbo do galego.
Ademais, unha gran foliada reivindicativa e festiva, orgullosa do noso patrimonio cultural oral, está convocada para o Día 17 de maio na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.
Consulta de medidas urxentes propostas por Queremos Galego: