A colocación de trampas en Boborás reducíu nun 60% a presenza de niños de vespa velutina

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta de Galicia vén de colocar 41 trampas de captura de vespas velutinas no municipio de Boborás co fin de erradicar esta especie invasora. Este sistema, que xa se instalou o pasado ano, apoiado tamén co trampeo feito polo propio Concello a traverso da Agrupación de Protección Civil de Boborás e os propios veciños de maneira voluntaria, resulta moi efectivo. Mostra disto é que no ano 2023 houbo 119 avisos ao 012 para a retirada de niños e no 2024 reduciuse a 49. Cada unha destas trampas está identificada mediante un código e está rexistrada nunha aplicación con todo tipo de datos. 

As trampas, cuxo líquido se renova periódicamente, colócanse nas inmediacións dos niños que foron notificados e retirados no ano anterior, ao entender que a raíña das velutinas se agocha nesa zona por debaixo da terra, e coa súa eliminación evítase a creación de novos niños.

É por iso, que tanto dende a Xunta de Galicia coma dende o Concello de Boborás pídeselle á poboación que avise no 012 dos niños de velutinas que vexan, aínda que aparentemente estén baleiros, xa que é a mellor maneira de colocar nas zonas claves as trampas e así minimizar o impacto desta especie invasora que tanto dano fai á vespa e á abella autóctonas.