O Equipo Roca da Garda Civil de Ourense, no marco da operación ITERATA, detivo o pasado mércores, 7 de maio, a un veciño de Castrelo de Miño como presunto autor dun roubo con escalo nunha vivenda deste municipio da comarca do Ribeiro.
O detido, de 58 anos de idade, accedeu ao interior dun inmoble da localidade de Castrelo tras forzar unha fiestra, apoderándose de xoias por valor de 5.000 euros e varios produtos de alimentación. A Garda Civil recuperou parte das xoias.
O mesmo individou xa tiña sido detido en dúas ocasións pola Garda Civil por feitos delictivos semellantes.