Luis Menor centra a colaboración da Deputación co sector da lousa no apoio “á visibilización e comercialización dun produto fundamental para Valdeorras e a provincia”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial participou nunha xornada de traballo co Clúster da Lousa, onde se fixou para despois do verán a celebración do “Día da Lousa” no primeiro Concello Mineiro de Galicia, Carballeda de Valdeorras

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A reunión co sector tamén serviu para expoñer as potencialidades do turismo industrial na comarca, “para que sexa una realidade e un valor engadido máis para Valdeorras”, declarou Menor

O xerente do Clúster da Lousa, Severino González, agradeceu o compromiso da Deputación co sector, así como a visita do seu presidente, Luis Menor

O Barco de Valdeorras, 8 de maio de 2025.

O Centro Tecnolóxico da Lousa acolleu esta mañá unha reunión de traballo entre o presidente provincial, Luis Menor, acompañado pola vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa e a deputada delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, e a directiva do Clúster da Lousa, encabezada polo seu xerente, Severino González, quen agradeceu o compromiso da Deputación co sector e a visita do seu presidente. O obxecto da mesma foi reforzar a cooperación institucional cara un sector “fundamental para Valdeorras e a provincia”, tal e como destacou o presidente da Deputación, Luis Menor, quen sinalou a “comercialización e visibilización” deste produto como “eixos fundamentais na cooperación da Deputación con este sector”.

Menor lembrou que a importancia do sector fala por si mesma: na actualidade, o sector da lousa é o principal motor económico da comarca, xerando máis de 2.400 empregos directos (sendo o 25% emprego feminino) e preto de 10.000 postos de traballo indirectos, contribuíndo a fixar poboación no medio rural galego. Representa, ademais, o 26% do produto interior bruto da comarca.

Precisamente, Luis Menor avanzou a necesidade de “achegar o sector da lousa” a toda a provincia, “dando un paso máis na promoción e visibilización deste sector estratéxico para todo Ourense. No fío desta cooperación, a reunión serviu tamén para avanzar na conmemoración do “Día da Lousa”, que se celebrará tralo verán no primeiro Concello Mineiro de Galicia, Carballeda de Valdeorras.

Turismo industrial

A reunión coa directiva do Clúster da Lousa serviu tamén para expoñer as potencialidades do turismo industrial da comarca, algo no que Luis Menor explicou que están traballando a Deputación e a Xunta xunto co propio sector empresarial, “para que sexa unha realidade e un valor engadido máis para Valdeorras”. Neste proxecto de turismo industrial pioneiro en Galicia, no que se promoverán as visitas ás explotacións da zona e ás paraxes que as rodean, darase ademais unha maior visibilidade a un sector crave na economía ourensá e galega. Esta iniciativa de posta en valor do potencial turístico das canteiras tamén contribúe a dar visibilidade ao traballo que realiza este sector a favor do desenvolvemento desta comarca, así como para promocionar espazos onde se compatibiliza a industria extractiva co medio ambiente e paraxes sen parangón.

A xornada centrada no sector da lousa completouse, logo da reunión celebrada no Centro Tecnolóxico da Lousa, coa visita a unha fábrica de lousa e a unha canteira de extracción deste material.–