Os clientes dos supermercados Eroski do Carballiño poden facer donativos para a asociación Aspadisi

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os dous establecementos comerciais que posúe a cadea Eroski no Carballiño puxeron hoxe en marcha unha campaña de recollida de donativos para a Asociación de Discapacitados Intelectuais (Aspadisi) que os clientes poden aportar no momento de pagar as súas compras. Esta iniciativa da rede de supermercados comezara hai alguns meses cando os propios clientes estaban chamados a unha votación para elixir a entidade a cal irían destinados os donativos, propoñendo entón a Asociación de acollida de mascotas (Arume) e a propia Aspadisi, que, finalmente foi a gañadora.

A campaña, que se desenvolverá nas vindeiras dúas semanas, foi presentada esta mañá por parte de Josefa Rodríguez e Manuel Amil, presidenta e directivo de Aspadisi, respectivamente, e Marta Sotelo, xefa de tenda de Eroski. “A cantidade que se recaude irá a un fondo para aquelas persoas que no futuro estean aloxadas na residencia de Aspadisi e non teñan disponibilidade económica para sufragar a súa estadía”, avanzou Manuel Amil.

COMERCIAL ORCELLÓN

Josefa Rodríguez agradeceu o apoio que vai prestar Eroski ao colectivo de discapacitados, mentres Marta Sotelo indicou que a campaña vai levarse a cabo nos dous supermercados Eroski, tanto no ubicado na rúa Calvo Sotelo coma o da rúa Evaristo Vaamonde, de xeito que os clientes, ao pasar pola caixa, á vez que abonen as súas compras poidan facer un donativo voluntario para Aspadisi.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------