Luis Menor reivindica Raigame como “a mellor festa das Letras Galegas de todo o territorio”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 Ourense, 17 de maio de 2025O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe na 22ª edición de Raigame, a romaría etnográfica que poñen en marcha a Deputación a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo; o Concello de Celanova e a propia veciñanza de Vilanova dos Infantes, a quen Menor felicitou, “pois a meirande parte do éxito desta festa é grazas a vós”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na súa intervención, Luis Menor reivindicou a Raigame como “a mellor celebración do Día das Letras Galegas e da cultura galega de toda Galicia”. “Ourense é cultura, tradición e galego”, engadiu Menor, que defendeu o “orgullo ourensán e galego” que imprime Raigame.

Luis Menor tamén lembrou que “a nosa cultura non choca con ninguén e o noso idioma fainos un pobo aberto”.

Tamén animou o presidente provincial aos asistentes a desfrutar da xornada, cun protagonismo destacado para a música, en especial das cantareiras. E manifestou o seu agradecemento á organización “polo seu empeño de seguir subindo o nivel de Raigame ano tras ano”.

A intervención do presidente da Deputación foi o peche ao acto institucional de entrega do premio “Adolfo Enríquez 2025”, que foi para as cantareiras dos concellos de Avión e Beariz a (aldea de Liñares). Tamén se recoñeceron ás fachadas premiadas no certame de 2024 e se coñeceu o selo conmemorativo de Raigame 2025, iniciativa da Sociedade Filatélica, Numismática e Vitolfílica Miño de Ourense desde 2011.

Nesta edición, no selo aparece o símbolo de Vilanova, a Torre e, en primeiro plano, as mans e as pandeiretas de tres pandereteiras de idades diferentes: adulta, moza e nena, simbolizando a continuidade da tradición que pasa de xeración en xeración. O resto das súas figuras esvaécense  entre a multitude representando o seu anonimato das tocadoras e as cantareiras.