A Xunta destina máis de 545.000€ á mellora da eficiencia enerxética no Pazo de Xustiza do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación das obras de optimización enerxética no edificio xudicial do Carballiño para reducir o consumo eléctrico asociado ao uso das instalacións por un importe superior a 545.000 euros.

A intervención, que será cofinanciada con Fondos Feder, está prevista que se inicie en xullo, cun prazo de execución de catro meses. As empresas interesadas en optar ao contrato poden facelo dende hoxe, 19 de maio, ata o vindeiro 3 de xuño ás 14,00 horas. Para a adxudicación aplicarase o procedemento aberto, con pluralidade de criterios de adxudicación, por ser o mellor garante os principios de igualdade e transparencia.

A Xunta aposta por unha xustiza con infraestruturas máis modernas e sostibles para que, de maneira progresiva, os edificios e xudiciais respondan á súa función, sendo máis seguros, accesibles, funcionais e confortables. Así, contribúese a ofrecer un servizo de calidade á cidadanía nunhas instalacións que respondan ás necesidades tanto das persoas usuarias como para os profesionais da administración de xustiza.

As obras enmárcanse no conxunto de proxectos de eficiencia enerxética previstos en case unha decena de instalacións xudiciais de toda Galicia por importe de 5,6 millóns de euros. En concreto, o Goberno galego prevé levar a cabo obras, ademais de no Carballiño, nos xulgados da Coruña, Lugo, Ferrol, Carballo, Viveiro, Monforte de Lemos, Vilalba, Caldas de Reis, O Porriño e Corcubión.

Esta mellora da eficiencia enerxética é unha das principais prioridades do programa Galicia Feder 2021-2027, que alenta o sector público a servir como exemplo para diminuír o consumo de enerxía na loita contra o cambio climático.