O Carballiño concentra o vindeiro sábado a 100 vehículos deportivos de alta gama

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A sétima edición da concentración de vehículos ‘Superdeportivos’ chegará o vindeiro sábado, 24 de maio, ao Carballiño cun programa de actividades para os participantes e co aliciente para veciños e visitantes de poder admirar auténticas xoias sobre rodas. A presentación deste sempre esperado evento tivo lugar ao mediodía de hoxe na Casa do Concello, coa presenza do concelleiro de Deportes, José Castro-Gil, e o responsable da organización, Santiago ‘Pichi’ Pereira.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para o edil de Deportes “este é un evento dinamizador da nosa vila que había dous anos que non se levaba a cabo e no que participarán ao redor de 100 vehículos, o que permitirá darlle publicidade ao Carballiño”. Os coches concentraranse na Praza Maior dende as 10,30 ata as 12,30 horas, para despois percorrer unha ruta pola comarca e regresar para que os pilotos celebren un xantar de confraternidade baixo unha carpa.

Santi Pereira avanzou que se poderán ver no Carballiño vehículos de alta gama de marcas coma Ferrari, Porsche, Lamborghini, BMW ou Mercedes, entre outros, chegados de toda Galicia, Norte de Portugal e de comunidades como o País Vasco ou Madrid, que permanecerán na vila ata o fin da tarde do sábado.