Carballeda de Avia acometerá a limpeza de 71 hectáreas de terreo no seu plan de prevención de incendios forestais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Carballeda de Avia levará a cabo ata finais do mes de setembro un plan de prevención de incendios forestais que executará con medios propios e tamén ao traverso de convenios coa Consellería de Medio Rural e a empresa Seaga. As características deste programa, que facilitará o acondicionamento dun total de 71 hectáreas de superficie, foron expostas á Corporación Municipal na sesión plenaria celebrada ao mediodía de hoxe polo concelleiro de Medio Ambiente, Daniel González.

O plan está estructurado en catro actuacións básicas: limpeza manual en núcleos urbanos, desbroces mecanizados, limpeza de pistas forestais e desbroces en vías asfaltadas. No primeiro dos casos, o Concello prevé a disponibilidade de tres a cinco operarios para chegar ao acondicionamento de 50 hectáreas mentres o uso de maquinaria permitirá a limpeza duns 70 quilómetros de pistas forestais ata chegar ás 8,5 hectáreas de superficie.

Finalmente, a intervención preventiva de incendios completarase co convenio de Seaga e o desbroce de 6 hectáreas de terreo nas marxes de vías asfaltadas. Daniel González amosou a súa satisfacción polos resultados acadados no plan de 2024, no que se conseguíu dar cobertura a un 90% da superficie prevista.

Uns datos que non convenceron ao voceiro do Partido Popular, Marcos Ríos, ao manifestar que a superficie acondicionada o ano pasado non chegara ao 60%, “quedando moitos camiños sen limpar e intransitables”. Pola súa banda, Antonio Cabaleiro, do grupo Carballeda Adiante, incidíu na necesidade de que o Concello dispuxese dun tractor de desbroce, que, según o alcalde, Luis Milia, está xa solicitado e Carballeda está de 2º na lista de espera do convenio Xunta-Deputación para a súa recepción.

Na mesma sesión plenaria, aprobouse por unanimidade e de xeito inicial o reaxuste do plan urbanístico parcial na zona de Portaprado, que sumará máis de 26.000 metros cadrados de chan urbanizable. O proceso culminará coa elaboración do correspondente proxecto de urbanización, unha vez sexa revisado polos técnicos de Urbanismo da Xunta.