Denuncian a falta de limpeza do Camiño da Geira e dos Arrieiros ao seu paso por Berán, que xa rexistrou este ano 289 peregrinos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Asociación Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro vén de manifestar o seu malestar pola falta de limpeza dos sendeiros desta ruta entre as cidades de Braga (Portugal) e Santiago de Compostela ao seu paso pola localidade de Berán, e pola que xa transitaron máis de 280 peregrinos (289, concretamente) no que vai de ano, según o confirman os datos oficiais.

Para este colectivo, o mal estado do Camiño da Geira “pon en evidencia a despreocupación da Entidade Local Menor de Berán, xa que foi esta quen de asumir a competencia e responsabilidade de xestionar e defender os intereses do seu pobo”. Así, dende a Asociación subliñan que “temos que dicir agora, e como xa anticipamos, que non abonda con declaracións de apoio ao camiño por Berán, que consideramos é palabrería para saír na prensa ‘encorbatados'”.

Ao respecto, manifestan dende esta agrupación que iste ‘postureo’ non ten sentido “se non asumimos a realidade propia dun camiño que cada ano precisa dun seguimento e mantemento para o servizo e beneficio dos propios veciños é agradecemento e recoñecemento dos xa máis de 4.000 peregrinos que, dende 2017, nos colocan no resto do mundo coma un pobo ao que desexan voltar”.

“Non é de reicibo que ante esta desidia se nos diga que agora non toca quenda de limpeza e que a resposta sexa que os camiños sempre se limparon a finais de maio”, engaden dende a Asociación Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro. “Ante isto, só nos queda recomendarlle aos peregrinos que teñen que esperar a xuño para pasar por Berán”, conclúen.