As instalacions do CEIP Plurilingüe ‘Lansbricae’ de San Amaro acolleron hoxe unha xornada de convivencia entre escolares e profesores do mesmo centro e os chegados dos colexios públicos ‘Pena da Sela’ do Irixo e ‘Nosa Señora de Xuvencos’ de Boborás, e no que tamén participaron nais e pais do alumnado.
Un total de 220 nenas e nenos dos tres centros de ensino compartiron experiencias e un amplo programa de actividades de música, baile, motricidade, ‘luz negra’ e deportivas, ademais dun obradoiro científico sobre as propiedades da auga, según nos comentou o director de ‘Lansbricae’, Rubén Febrero.
Unha convivencia intercentros que se leva desensolvendo dende hai xa 20 anos, agás o periodo da pandemia (2020-2022), e que permite a experiencia dun mellor achegamento entre ao alumnado e, tamén, do profesorado, dos diferentes colexios. A organización é rotatoria, de xeito que no 2023 correspondeu a Boborás e na pasada edición ao Irixo.