O senador Paco Fernández nunha pregunta á ministra de Sanidade cualifica de “inaceptable que un paciente deba esperar dous anos para acceder aos medicamentos innovadores un tempo que triplica os 180 días establecidos pola directiva europea”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hoxe, nunha pregunta do senador Francisco Fernández á ministra de Sanidade
O PP denuncia que os españois esperen 20 meses para acceder aos medicamentos innovadores
• O senador Francisco Fernández cualifica de “inaceptable que un paciente deba esperar dous anos, un tempo que triplica os 180 días establecidos pola directiva europea”
• Reprocha á ministra de Sanidade que mentres “no ano 2018 a espera por estes medicamentos era de 385 días, o pasado ano elevouse ata os 618 días”
• Esixe á ministra que cumpran co compromiso de achegar o 50% da Lei de Dependencia ás Comunidades Autónomas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

27 de maio de 2025.-
• O senador do Grupo Parlamentario Popular, Francisco Fernández, cualifica de “inaceptable que os españois, durante o ano 2004, esperasen 20 meses, 618 días, para acceder aos medicamentos innovadores, un tempo que triplica os 180 días establecidos pola directiva europea”.
• Durante a sesión de control ao Goberno no Senado, o senador popular pregunta á ministra de Sanidade, Mónica García, se considera aceptable que un paciente deba esperar actualmente máis de dous anos para acceder a un medicamento innovador.
• Francisco Fernández repróchalle á ministra de Sanidade que mentres “no ano 2018 a espera por estes medicamentos era de 385 días, o pasado ano elevouse ata os 618 días”.
• Sinala que estes datos constan no informe elaborado por IQVIA, consultora independente, para a Federación Europea de Industria Farmacéutica, á vez que destaca que “o 52% dos medicamentos innovadores están financiados de forma limitada ou teñen restricións de uso”.

• Aínda que o senador popular recoñece que España financia o 71% dos medicamentos aprobados pola Axencia Europea de Medicamentos (EMA), remarca que “64 dos 123 medicamentos están sometidos a algún tipo de restrición de uso, moi por encima de países como Alemaña ou Italia”.
• Ademais, Francisco Fernández lembra as declaracións realizadas pola directora de Prestación Farmacéutica e Acceso de Farmaindustria, Isabel Pineros, quen asegurou que ‘financiar un medicamento con restricións con respecto á indicación terapéutica autorizada na ficha técnica por Europa, pode deixar fóra a moitos pacientes’.
• Asegura que “#ante os malos resultados obtidos en España, o Ministerio de Sanidade decide encargar o seu propio informe, rebaixando á metade os tempos de espera dos pacientes. Como o fai ministra?”, pregúntalle.
• Neste sentido, o senador popular por Ourense reprende a Mónica García por “cambiar as condicións do estudo, contabilizando agora os datos de fármacos en situacións especiais, é dicir, o acceso aos mesmos antes da súa autorización e da fixación do seu prezo e financiamento”.
• Para finalizar, Francisco Rodríguez esixe á ministra que cumpran co compromiso de achegar o 50% da Lei de Dependencia ás Comunidades Autónomas, tal e como se comprometeu a ministra María Jesús Montero hai un ano”.